O certame organízase grazas ao traballo desinteresado e non remunerado destes mozos e conta co patrocinio do programa Iniciativa Xove, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da AIE (Artistas Intérpretes o Ejecutantes Sociedad de Gestión) e coa colaboración económica de empresarios comprometidos coa cultura.
