Edicións anteriores

O Sobreira Rock naceu no 2009 da iniciativa dun grupo de mozas e mozos con intereses e inquietudes comúns e co obxectivo prioritario de cubrir unha carencia dentro da oferta cultural da zona. A meta é a de asentar un encontro anual de referencia obrigada e imprescindible para afeccionados á música de toda as idades.

A súa primeira convocatoria, que tivo lugar na parroquia viguesa de Valadares no 2009 congregou a sete grupos (Saldos Arias, Katana Chaos, Rockin´ for Tangas, The Nightmares, Bingo Brothers, Kratos) e aproximadamente 1.000 espectadores, alentou a organización dunha segunda edición con maiores expectativas.

No ano 2010 o Sobreira Rock organizou por primeira vez un concerto de presentación na sala Farándula, en Vigo. Catro bandas e máis de 300 persoas apoiaron a iniciativa e incrementaron a visibilidade do festival entre a mocidade.

O ano pasado o cartel reuniu a novos grupos da escena viguesa. O concerto de presentación contou coas actuacións de Unicornibot, Rosa Cinco, 2 Sisters e Dolly Dagger, e os DJs Javichulo e Yuri Gagarin.

No 2010 o festival ampliouse a dous escenarios nos que se alternaron 14 propostas musicais e incrementouse considerablemente a cantidade de actividades paralelas. Máis de 2.500 persoas asistiron e o evento conseguiu un gran impacto nos medios de comunicación e en Internet.

O II Sobreira Rock celebrouse o 3 de xullo de 2010 e contou coa presenza enriba do escenario dos grupos Munich, Voltaica, Guerrera, Un Lobo en la Jaula, R.I.F, Carcomedhi e Buogh!.

No segundo escenario participaron Electromordor, Chuzausen, Kaliper Shield, Prego, Rockin for tangas, Pandemia Crew, Mad Mike BandShow. S.A (Dnigran Tbeats).