Que é?

A cidade de Vigo é unha das cidades máis dinámicas e poboadas de Galicia. Dentro da súa área metropolitana, a parroquia de Valadares representa moi ben o equilibrio entre tradición e modernidade que se dá dun xeito espontáneo na cidade. Nesta áreas se pode atopar unha paisaxe case rural e áreas verdes á beira dun dos principais polígonos industrias da comarca.

O Sobreira Rock é un festival de música de periodicidade anual orientado cara a promoción de novos grupos musicais e a organización de actividades artísticas, deportivas, gastronómicas e culturais. O certame naceu para completar a oferta de lecer da cidade e recuperar o espírito de innovación e dinamismo musical que reinaba na cidade durante a “movida viguesa” dos oitenta.

O seu obxectivo principal é o de programar grupos galegos de música que non atopan oco nos circuítos comerciais e enriquecer a oferta cultural da parroquia de Valadares, en Vigo. O certame fai visible a calidade e o potencial dos músicos galegos achegando a súa actuación ao público, aos medios de comunicación e ao profesionais da industria galega.

A principal actividade é o concerto de música rock, pero o programa do Sobreira tamén se diversifica con actividades complementarias que ofrecen unha oferta de lecer a públicos de todas as idades.

Para a edición do 2011, o grupo da organización colabora coa "Xuntanza Xuvenil de Valadares", quen conta coa experiencia da organización das dezaoito edicións do festival Revoltallo.
O Festival Sobreira Rock organizou un concerto de presentación, dúas semanas antes do festival nunha sala céntrica da cidade, e dunha romaría, que ofrece unha opción de lecer ao público familiar da área.
Se queres contactar coa organización, envía un correo electrónico a sobreirarock@gmail.com.