Programa

A música comezará ás 23.00 horas coas actuacións de:

- 23.00 horas. Rockin' for tangas.

Grupo formado por novos músicos vigueses que entenden o hardcore melódico dun xeito verdadeiramente singular e contan cun dos directos máis contundentes e divertidos da cidade. Chisco (Batería e voz), Will (baixo), Pablito (guitarra), Javichu (Guitarra) e Abraham (Voz) pasaron antes por outros grupos alternativos do circuíto vigués como Katana Chaos e Bingo al 7.

- 24.00 horas. Santos Morcegos!!!. www.myspace.com/santosmorcegos

O grupo creou a súa propia etiqueta sonora: a do Surfedorento Rock’n’Roll. Na súa primeira maqueta, “The Abrecadáver EP” (D.I.Y. 2009), xa mostraron a súa pegada de sons surf e humor en cancións como Fur Elisa ou a Marcha Fúnebre impunemente e no seu novo e hilarante disco, "Ecstasy of Fedorento" (D.I.Y. 2010).

- 1.00 hora. Holywater. www.myspace.com/holywaterweb

O grupo esta formado por catro músicos de Lugo liderados pola voz de Ricardo Rodríguez. Holywater conta xa con catro discos editados: “Handle with Care” (Astro, 2001), “Sides” (Astro, 2004), “Tranquility” (Astro, 2008) e “The Path to Follow” (Ernie Producciones, 2010). Con xiras por España e Europa nas súas costas, Holywater presenta en Vigo e no Sobreira Rock o seu último disco “The Path to Follow”.

- 2.00 horas. Unicornibot. dotheunicornibot.wordpress.com

Unicornibot formouse no 2008 en Pontevedra como experimento a través do que dar rienda solta á imaxinación por parte de catro músicos dementes. Dende a psicodelia e o rock progresivo ata o rock clásico, pasando polo math rock e o hardcore, os Unicornibot ofrecen un directo arrollador que agora plasmaron no seu primeiro LP, “Hare Krishna”, un demoledor compendio de nove cancións gravadas en rigoroso directo.

- 3.00 horas. Chuzausen. www.myspace.com/chuzausen

Chuzausen pechará a noite a partires das 3.00 horas coa enerxía dos sons electrónicos. Nado en Madrid (España), Alberto Vázquez é coñecido artisticamente co nome de Chuzausen. Vázquez vive en Vigo dende os tres anos. Dende hai máis de doce anos, Chuzausen crea música en trackers (Impulse Tracker, Scream Tracker…). Ten publicado álbumes como “Profit 0” e colabora como músico e técnico de son en distintos proxectos audiovisuais.