Patrocinadores

O Sobreira Rock está organizado por un grupo duns 30 mozos e mozas vinculados a diferentes grupos de música de Vigo (Saldos Arias, Rockin’ for Tangas, Katana Chaos, Nightmares…) coa colaboración da Xuntanza Xuvenil de Valadares).

O certame organízase grazas ao traballo desinteresado e non remunerado destes mozos e conta co patrocinio do programa Iniciativa Xove, da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da AIE (Artistas Intérpretes o Ejecutantes Sociedad de Gestión) e coa colaboración económica de empresarios comprometidos coa cultura.