lunes, 6 de junio de 2011

Grunge & Lo Fi

A festa de presentación do Sobreira Rock cumpriu con todo o que prometía e con algo máis. Houbo un grande, grande pinchadiscos, vibracións lo fi e un grupo grunge (moi novo) con serias aspiracións.

Breve pero intenso, Electromordor fixo vibrar ao público e o verbo pódese interpretar literalmente. Rodeado por unha morea de cacharriños e cacharrazos, improvisou e creou música con pedais, sintetizadores e mesmo xoguetes infantís (ver foto). Intenso e suxestivo, o músico nigranense abriu boca para o segundo prato.

Como contraste, Flying Soup. O grupo cumpriu coa súa promesa de rock alternativo e rendeu homenaxe aos clásicos do grunge. Batería, guitarra e baixo animaron o público cunha aposta máis clásica. O mellor, que aínda quedan gañas de máis para o festival Sobreira Rock do 18 de xuño.




















Foto de Brais Real.

Foto do Sobreira Rock.

jueves, 2 de junio de 2011

Festa de presentación do Sobreira Rock na sala Farándula!

Este sábado, 4 de xuño, presentarase o festival Sobreira Rock cunha festa na sala Farándula (Rogelio Abalde, 6) a partires das 23.00 horas. Haberá rock, electrónica e actuacións sorpresa que avanzarán a paixón e o entusiasmo co que se vive a música no Sobreira Rock.

O concerto comezará coa actuación de Flying Soup, un conxunto alternativo de inspiración grunge que darán o toque máis rockeiro á festa. De seguido, tocará Electromordor, unha aposta pola música electrónica e o ruidismo lo-fi cun live set arriscado e interesante.

E como peche de noite haberá actuacións de DJs sorpresa que amenizaran a noite coa mellor selección musical: dende os temas de bandas que tocaron ou tocarán no Sobreira Rock ata temas clásicos nunha noite de festa rachada!

A entrada ten un custo de 3 euros que se dedicarán integramente á organización do festival Sobreira Rock. O certame celebrarase o vindeiro 18 de xuño no instituto de ensinanza secundaria de Valadares coa actuación das bandas Holywater, Unicoribot, Santos Morcegos!!!, Rockin for Tangas, One for Apocalypse e Chuzausen.

Agardámosvos alí!!!


lunes, 30 de mayo de 2011

O Sobreira Rock quenta motores!

A organización do Sobreira Rock está ultimando os últimos detalles da terceira edición do certame que volverá a reunir a unha excelente escolma dos mellores grupos o sábado, 18 de xuño, en Valadares.

Podedes mantervos ao día das últimas novidades a través deste blog, no Twitter, Facebook, Last.fm,  ou no MySpace.

Chega o rock!